lunes, 10 de mayo de 2010

cosas de betanzos


Betanzos esténdese sobre as terras baixas drenadas polo curso inferior do Mandeo e o seu afluente, o Mendo, que inician ao N do municipio a ría de Betanzos. O río Mero serve de límite occidental co municipio de Abegondo. Pola súa morfoloxía, o relevo pódese dividir en dous sectores; o occidental, drenado polo Mero e separado do sector oriental por unha pequena aliñación de outeiros de dirección NO, -SE., que apenas superan os 200 m, no límite S. do municipio; e o oriental que se caracteriza pola sucesión de val-interfluvio e o seu descenso cara o N.

Un cordón montañoso de escasa altitude (monte Cha, 158 m.) separan os vales do Mendo e do Mandeo. E outra nova aliñación de outeiros , de dirección NE,-SO, esténdese pola parroquia de Tiobre con cotas en torno aos 150-200 m. : Pedroso (147 m.), Cruz ( 155 m.), Barreiras (116 m.) e montes de Pereirón ( 180 m.). As formas adoitan ser suaves, pero, en ocasións, o relevo descende con brusquidade.

O rochedo subxacente caracterízase pola presenza de materiais xistosos, o que tivo a súa importancia na paulatina perda de extensión da ría. A deblación deses xistos motivou unha terrestraticación que afastou Betanzos do mar. A iso contribuíu a formación dun banco areoso frente ao litoral, en Miño, que reduciu a dinámica mariña e fluvial, e acelerou a sedimentación de materiais finos. Precisamente son os materiais máis recentes os que conforman os fondos do val e as marismas actuais. As únicas pegadas de actividade tectónica redúncese a unha liña de fractura de dirección N-S. pola cal discorre o río Callou.

No hay comentarios:

Publicar un comentario